COMO DE AQUÍ, DE NINGURES

Os alimentos producidos na nosa contorna son mais frescos xa que a distancia de transporte á tenda é curta.

Conservan mellor o seu sabor e propiedades nutritivas.

Permítennos coñecer e desfrutar os sabores propios da terra onde vivimos.

O seu consumo axuda ao desenvolvemento económico das zonas onde vivimos e permítenos coñecer e establecer vínculos coa nosa contorna.

O SANNIDATO

A Denominación de Orixe (D.O.) é un selo que identifica que un produto é orixinario dunha rexión, o que lle dá unhas características particulares.